Saturday 04 de May de 2024

Cribaxe á tripulación do barco Montelaura


A Consellaría da Sanidade efectuará no domingo 13 unha cribaxe aos 14 tripulantes do barco Montelaura, un buque frigorífico procedente de Costa de Marfil. Dáselle así continuidade á realización de probas aos navegantes que arriban ao peirao comercial da Pobra do Caramiñal, tal e como xa se fixo no 31 de maio aos 16 mariñeiros do navío Nova Zeelandia.

A toma de mostras practicarase nun espazo cedido polo Club Remo Puebla e contarase coa colaboración das voluntarias e voluntarios da Protección Civil.

A Administración local expresa o seu agradecemento ás entidades referidas, así como a Consignaciones Barbanza pola disposición amosada e ao Sergas, concretamente a Medicina Preventiva, por posibilitar tódalas cribaxes que se veñen realizando no municipio.